XUNQUEIRA DE ESPADANEDO, SANTA MARÍA DE - Ourense medieval www.ourensemedieval.com (sitios de interés)

Descripción del sitio

A orixe do cenobio de Xunqueira de Espadanedo son confusos e os investigadores divídense en dous grupos, os que ven a orixe da abadía na doazón de 21 cabaleiros para erixir unha fundación de cóengos regulares de S. Agustín, dependente do mosteiro de Santa María de Sar; e os que afirman que Xunqueira de Espadanedo foi fundado entre 1150-70 por monxes procedentes do veciño mosteiro cisterciense de Montederramo. Os primeiros basean a súa teoría na primitiva advocación do convento, dedicado a S. Julián, "chegando mesmo a negar a existencia de monxes cistercienses naquel lugar en 1174" (Yañez Meira). por outro lado,los investigadores bernardos, pensan que o mosteiro de Xunqueira de Espadanedo é claramente cisterciense e en defensa da súa tese esgrimen "que cando unha igrexa consagrada a un santo se convertía en mosteiro cisterciense, era frecuente seguir denominándoa algún tempo, ou sempre, co titular do santo, en vez de Santa María" (Yañez Meira). Os documentos infórmanos que en 1170 Fernando II de León lle concede ao mosteiro carta de couto, confirmada por Alfonso IX en 1227: "limitaba o seu couto co de Asadur, con Niñodáguia e coas xurisdicións de Santa Cristina de Ribas de Sil e S. Pedro de Rocas ". E a inscrición da porta sur que comunica a igrexa co claustro regular confirma que" Na era de mildoscientos e dezaoito -ano do Señor 1170-, foi fundada esta casa por Martín abade IV, a honra de Santa María Nai de Deus, en tempo que rexía a diocese de Ourense o bispo Adán,". O século XV e os inicios de VXI son duros para os mosteiros bernardos galegos, a decadencia espiritual (relaxación de costumes e afastamento da observancia) leva á material ien 1447 Espadañedo pasa de ser abadía a converterse en priorado. A situación de Xunqueira complícase a comezos do XVI cando os abades comendatarios, que na maioría dos casos non eran nin sequera monxes, senón grandes señores ou dignidades eclesiastices que vivían lonxe dos mosteiro sen querer saber nada de problemas e só de rendas (Yanez Meira) fan a súa aparición nos mosteiros. Froito desta crise xorde o gran reformador Fray Martín de Vargas que funda en 1425 a Congregación de Castela, independente de Cîteaux e máis próxima dos conventos galegos. Losreformadores pasan por grandes dificultades xa que os monxes, afeitos a vivir "libremente" opoñíanse a volver á máis estrita observancia relixiosa. O 8 de maio de 1546 Xunqueira de Espadanedo uniuse á congregación de Castela O final do mosteiro comeza coa Desamortización. En 1835 faise público o decreto que suprimía todas as ordes monásticas e en 1836 póñense á venda o bens do mosteiro. A partir deste momento comeza a decadencia da abadía transformándose o seu templo en Igrexa parroquial. A igrexa do mosteiro de Espadanedo, se ben presenta os trazos de sinxeleza que caracterizan á orde cisterciense, non responde exactamente ao chamado "Plan Bernardino". Fronte á planta de cruz latina con cabeceira cadrada, encontrámonos cunha estrutura inspirada na tradición local que como Xunqueira de Ambía ou Santa Mariña de Augas Santas prefire a planta basilical, de tres naves e sen cruceiro, rematando a igrexa cunha cabeceira de tres ábsidas semicirculares- un por nave-, o central precedido por un tramo recto (Singul, F.) Pero a pegadas do gótico cisterciense déixanse ver no apuntamento dos arcos e no emprego de bóveda de canón apuntado no tramo recto do presbítero. Chamoso Lamas, nas súas Rutas románicas, dinos da igrexa de Espadañedo é ornamentalmente pobre. Os seus numerosos capiteis -este é case o único lugar onde o mestre quixo adornar a súa obra- son vexetais todos eles e, aínda que variados, son moi sinxelos, xa que se reducen á colocación de grosas follas... Capiteis como Daniel no fosos dos leóns, as harpías, ou o curioso capitel das torres nos mostran unha decoración moi interesante. No exterior encontrámonos con dúas portas, a sur que leva ao claustro regular e a porta norte, ou dos mortos, que presenta a típica estrutura románica - tornalluvias sostido por sete arcos cegos- con pinceladas góticas no apuntamento dos seus arcos. A influencia do Maestro Mateo chega ata Xunqueira de Espadanedo materializándose en "unha arquivolta interna de groso bocel, con estilizadas follas superpostas, moi parecidas ao estilo mateano que xa aparece na Catedral de Ourense" (Singul, F). A Idade Moderna iníciase con novas construcións: a sobria fachada en cuxo centro se sitúa o escudo da Congregación de Castela ou o vestíbulo, cuberto por bóveda de canón con casetóns, que dá acceso ao claustro da portaría, son claros exemplos do barroco. Á novas construcións debemos engadirlle a actual sancristía. No século XVIII acométese a renovación das ábsidas menores onde se situarían os retablos dedicados a S. Benito (Padre de la Regla) e S. Bernardo(impulsor do cister). O 11 de marzo de 1800 cae a primitiva fachada románica sendo substituída por outra neoclásica inscrita na linguaxe clasicista da ilustración. Sobre a fachada, a torre de campás, na que aínda pervive a profunda pegada que a tradición barroca deixa na arte galega.

Mapa del lugar de interés XUNQUEIRA DE ESPADANEDO, SANTA MARÍA DE

Panorámica interactiva con Google Street View

fotografía panorámica de XUNQUEIRA DE ESPADANEDO, SANTA MARÍA DE, con el API de Google Street View

Mapas de contenido relacionado